top of page

O taller de bicicletas.

Ramón Pedro Díaz López.​

 

 

   Botando unha ollada a unha revista, un suplemento semanal que acompaña a un xornal local os domingos, párome nunha noticia titulada:"as profesións do futuro". Nela fálase de profesións que haberá dentro de 15 anos todas moi unidas á tecnoloxía como poden ser as relacionadas coa biomedicina como pode ser "nanomédica", como a ingeniería de materiais cara á fabricación e desenvolvemento de todo tipo de mecanismos e automatismos para facilitarnos a vida diaria como pode ser a construción de coches alternativos. Pero nun recuncho chamoume a atención un apartado que dicía: profesións tradicionais ao alza, e entre elas aparece a de mecánico de bicicletas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Entón viñéronme á memoria de recordos de moitos anos atrás, concretamente a finais dos 60 cando os meus Pais regaláronme a miña primeira bicicleta. Por aqueles tempos existían en Pontenova dous talleres de bicicletas e motocicletas: o de "Candelero ", no que si non recordo mal traballaba de mecánico Lucas, o cal despois montou o seu propio negocio, o de "Sito do Ferreiro " e o de Pedro do "Caioco". Neste último foi onde a adquirín e onde se encargaron das averías mecánicas que tiven. O seu dono tamén era cliente da nosa ferretería polo que me acordo do trato sempre agradable que tivemos con el nos nosos respectivos negocios, era unha persoa moi afable e moi amable no seu traballo, aínda que ás veces non podía atender a todas as reparaciones e acumulaba alén da rúa en fronte ao seu negocio unha gran cantidade de bicicletas e motocicletas que, supoño, pasaron a mellor vida, sen volver circular.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Charlando co meu Pai comentoume que anteriormente houbera outros dous talleres dedicados a estes vehículos: o de Pepe de Patricio e o de Cándido de Muíña. E tamén me relatou como el e o seu irmán Manolo habían ir a picar pedra na construción da primeira estrada que se fixo cubrindo a ruta de Vegadeo- Lugo para conseguir o diñeiro, co que compraron a súa primeira bicicleta; adquirirá de segunda man a un portugués. Ademais tenme comentado moitas veces as carreiras de bicicletas que se organizaban das festas patronales e das que conservamos algunhas fotografías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   E falando de talleres que é inevitable recordar os talleres mecánicos que artesanalmente, podemos dicir, iniciaron a fabricación do que logo se denominou "carrocetas", creándose para iso unha fábrica, primeiro MAFS.A. logo IPV, que foi o emblema do pobo durante moitos anos e pode considerarse como sucesora da explotación minera de Ferro principal creadora da vila que gozamos hoxe en día.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Outra sorte distinta ocorre coa fábrica de Industrial Recense, antiguamente dedicada á fabricación de fouciños e coitelos, hoxe en día reciclada á fabricación de unións a medida para o sector da construción e aumentando a súa facturación con vendas a outros países.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Recordar tamén outras industrias que funcionaron o pobo como pode ser a fábrica de queixos ou a iniciativa popular de veciños locais e foráneos Forxas de Pontenova, ou pequenas empresas como AFER dedicada á fabricación de arcos para sierras manuais.

 

   E nada máis, simplemente comentar sobre estas reflexións son un exemplo da capacidade de traballo, esforzo e imaxinación que poidan xurdir dun pequeno pobo de Galicia con moitas posibilidades de desenvolvemento e que por razóns de distinto tipo como poden ser económicas, políticas ? está sendo vítima dun descenso gradual desde fai polo menos dous ou tres décadas.

 

 

© 2023 by  Memorial. Proudly created with Wix.com

bottom of page