top of page

Terra de Mestres

Ramón Pedro Díaz López.​

 

 

 

   Recollendo información, principalmente na páxina pontenova.es decidinme a ordenar un pouco de historia do ensino en Pontenova e, o que supuxo como punto de partida á gran cantidade de veciños deste municipio que dedicaron gran parte da súa vida a ensinar polo mundo adiante.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      1.  LEMBRANZAS

 

   As primeiras noticias que teño son da escola da Picota en Vilameá a onde, segundo me conta o meu pai Ramón, el e o meu tío Manolo alternábanse para ir un día cada un combinando co traballo no negocio familiar. Calculo que foi polos anos 1932-1935. Tamén me di que por alí pasaron varios mestres antes da chegada de Enrique Muruais. Polos comentarios que fun recompilando veremos tamén o funcionamento doutras escolas, aínda que non podo precisar datas para estas últimas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Aquí o fillo de don Enrique cóntanos o cambio de situación desta durante o longo e admirado período de docencia do seu pai.

 

”Nací en Vilameá, donde mis padres, Enrique y María, también nacidos allí, fueron maestros durante muchos años. La nuestra era la vieja casa escuela, situada en A Picota. No confundir con la posterior casa escuela, junto a la iglesia, a la que nos hemos mudado, creo recordar, hacia finales de los años cincuenta”. Enrique Muruais.

 

”Logo de estudiar o que daquela se chamaba Bacharelato Elemental e a súa correspondente Reválida, na academia do meu parente Enrique Muruais, sen dúbida un dos tres grandes profesores que tiven en toda a miña vida académica“ Perfecto Conde Muruais.

 

“a escola de Vilameá, cas ringleiras de mesas, ao frente o encerado, o mapa das provincias e os cadros de quen eran os xefes impostos, percorrendo o pasillo, o mestre Enrique, pasando a man esquerda pola testa, abaneando a cabeza e correxindo ao alumno aventexado que lle tocara resumir o conto da “Raposa e o Sapo”, pois o contador, arre que arre que se chamaba Maravillas cando era Miravalles e veña que Maravillas metía o rabo na charca porque llo mandaba o sapo Pedro, invitouno a sentarse baixo o nome de patán e chamou a palestra outro dos entendidos na materia. Que sorte tivemos moitos de beber da pedagoxía do mestre, da sua forza e empeño en sacar a xente adiante, co fin de mellorar a sabiduría do pobo”. José Luis Lodos Ginzo (Lilo)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Clase de ximnasia na escola de Vilameá-ano 1961?)

 

“Feito o ingreso en Oviedo ós dez anos, vin canda miña nai a Pontenova para seguir ca tenda, Axina estudiei na Universidad da Picota (que dicía Sito) ata os trece anos” Miguel Sampedro Gallo.

 

   As lembranzas de Eugenio Núñez Ríos permítenos coñecer o funcionamento da escola en Foxas con Primitivo Cancio como mestre, e dunha práctica habitual naqueles anos como é a de acudir a un sacerdote como docente, sobre todo no ensino do latín, moi solicitado por aqueles tempos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(Don Primitivo o Sr. Maestro cos alumnos que había na escola de Peizáis-ano 1945?) Foto. Rafael  Lombardero.

 

“Non poido calar algo do que sempre me sentín moi satisfeito...D. Primitivo  autorizoume a levar pra casa o único libro que había na escola : unha  edición do Quijote en versión escolar, ( supoño que o devolvín). Leino enteiro, mentras iba cas vacas polos  montes de Insua  Con trece anos meu pai decidiu mandarme  a escola da Picota con don Enrique. A min nin me  preguntou, si quería ir. Daquela era así... Desde os Foxacos  a Picota había o que pola Terra Cha de Vilalba dín "a carreiriña dun can". Hora e media pra aló e outro tanto de volta, vrao e inverno. Por si era pouco, cando xa me preparaba para primeiro de bachiller por libre, da Picota iba a Villoudrid dar clase de latín con don Benjamín, un cura asturiano que viñera destinado a Villaoudriz. Prefería dar clase de latín na súa casa a ir daquí para aló os enterros. De Villaodriz volta a Foxas, pasando outra vez a Pontenova, o Reguengo...a costa de Foxas... Unhas tres horas de camiñata diaria.  Pra que agora digan que os nenos pasan moito tempo no autobus escolar...” Eugenio Nuñez Ríos.

 

“Fun a escola que había en Peizáis; e o noso mestre foi don Primitivo Cancio Muruáis, que vivía na Ponte e, como non había carretera a Foxas, acercábase a Penouta na sua bicicleta (que deixaba escondida tras da Silveira; e tiña que subir andando por medio do pinar de Penouta, cunha pendente que facía sudar a calquera)” Rafael Lombardero.

 

”iba a escola de meu pai Primitivo Cancio Muruais, Maestro de Foxas e jubilouse sendo Maestro na Pontenova“ Primitivo Cancio Muíña.

 

   Non non podemos esquecernos o labor de Primitivo, como encargado da Biblioteca Municipal da Pontenova dende a súa apertura e durante bastantes anos. Alí maiores e pequenos fomos devotos dos libros que con toda a ilusión do mundo nos levabamos prestados á casa. Tarzán,Tintín, Los Cinco...Cervantes,Dostoyevski... pasaron de man en man durante moitos anos exercendo un labor cultural intenso durante ese período. Tamén recordo os concursos literarios para mozos como eu onde os galardoados recibían como premio un lote de dous ou tres libros.

 

   Seguimos atopando en varias testemuñas referencias tanto a esta escola de Vilameá , e de como nela se podían preparar ata un bacharel elemental. Á escola de Foxas con don Primitivo. Tamén nos encontramos con don Marcelino como mestre na escola do Pico e don Segis na de Goios, e máis adiante nas escolas de San Briz...

 

”….pasar pola escuela do Pico, donde era maestro D. Marcelino Fernánez Ferrería “O Panturreiro”, e de cursar ingreso, primeiro e segundo de bachiller na escuela de D. Enrique Muruáis, en Villameá…. “ Manolo do Pildaro.

 

“Fun a Escola de Goios, co meu pai, que era o mestre titular, exemplar para min tanto no orden persoal como na profesional. Estudei con él, que me preparou hasta 2º de Bacharelato.

Lembro dunha maneira moi sinalada a subida da costa de Goios co meu pai, meu irmao Manolo e a miña prima Conchita  camiño da escola. Entre os compañeiros que recordo, todos na miña memoria, destaco a Elías e Gabriel de Ramallal, Paquín de Vale, a sua irmá; a Arcadia, Suso e Pepe de   Modesto e Luís, Amparín, Froilán, Paulino, etc., etc. Tamén recordo a Pepe de Aurelia, a Conchita, a Antonio, Aurorita de Gasolín; a José Mari, Rubén, Rosarito e María Dolores; a Marinita e Juan Carlos, meus veciños”.Marixefa García.

 

Na mesma vila da Pontenova, as novas sobre onde se impartiu clase remóntanse a un mestre republicano chamado Crespo ( onde hoxe esta a casa de Segis ? )

 

Con noticias sobre a escola da Feira con Doña Ofelia imos chegando ás escolas unitarias de San Briz. “Da infancia un non pode esquencer aos seus mestres.

 

A miña primeira escola foi na Feira pegados a panadería e a fonte. A mestra Dona Ofelia acababa de chegar á Ponte, fomos os seus primeiros alumnos, podería nomealos case a todos: Manolo de Miranda, Pepe de Eladio, José de Federico, Orlinda... Dona Ofelia, que xa ten os seus aniños, aínda hoxe cando nos ve chámanos Carlitos, Pepín, Manolito... segue sendo igual de doce e cariñosa e así foi ao longo dos anos a pesares dos reveses que lle dou vida. Logo pasamos ás escolas de San Briz, primeiro a de Don Marcelino e ao pouco tempo á de Don Segis, aquí os métodos pedagóxicos non eran os de hoxe ( eran os daquel tempo), pero para min teño que decir que aprendín moito pois era tremendamente metódico ( dictados, mapas , lectura...) Tamén nos ensinou a memorizar e razonar o cal non era moi pouco común enton e desde logo nada de adoutrinamento.Para prepararme para o ingreso pasei a academia de Enrique onde coincidín entre outros con Anxel, Modesto, Victoriano, Domingo, Toño de Pacios... Unha vez feito o ingreso como moitos outros a principio dos anos sesenta marchei interno para un colexio de curas na Coruña no que coincidín con José e Rubén de Federico e anos máis tarde con José Luis (Lenon) e Manolín da Hermida, tiña once anos e aquí rematou a miña infancia, pois a dureza dun internado naqueles anos nada tiña que ver cos anteriores na PONTE”. Carlos Traviesas Sampedro

 

 

 

 





 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Comencei na escola de párvulos da feira con Dª Ofelia, no primeiro piso do que máis tarde foi o taller de Castro, logo, nos trasladamos as novas escolas que xa non existen, estreámolas  nós.  Eran catro edificios independentes, situados onde hoxe está o polideportivo. O máis pequeno  era o de párvulos, a mestra era Dª Ofelia, a escola era mixta,  pero había outras tres escolas cada unha co seu edificio:

A escola de D Segis, que era de nenos, a escola de D Marcelino que era de nenos un pouco máis grandes e a escola de Dª María que era de nenas.

Non é fácil entender como había dúas  escolas de nenos e unha de nenas, pero creo que ten que ver con que as nenas non se pensaba que era tan importante mandalas a escola como os nenos. Sin embargo me parece que todas as nenas da Ponte ían a escola.

O que máis recordo, é que naquelas  escolas non había calefacción, e como consecuencia pasábamos moito frío de inverno, chegando a ter sabañós nas mans e nas orellas. Naqueles  novos edificios pasei pronto para a escola de D Segis e alí estiven ata que fixen o ingreso. O ingreso era un exame que se facía no instituto de Lugo a os 10 anos e si o aprobabas dábache dereito a matricularte para estudiar o bachiller. Eu o aprobei por moi pouco e creo que para nós era algo así como é hoxe unha oposición difícil.

Daqueles anos da escola na Pontenova, recordo con gratitude, a Dª Ofelia.

Tamén recordo algúns compañeiros como Juan José de Eustaquio, Luís Miranda, Pepe de Xusta, Manolo de Arango, Charo de Federico (que hoxe é a miña muller).

Os 11 anos fun a estudiar a Lugo no “colexio  menor”, que era un colexio interno cheiño de rapaces da Pontenova, eramos tantos que ía un microbús do Chino a buscarnos a Lugo cando viñamos de vacacións. Do colexio  teño moi bos recordos, e tamén dos compañeiros, e dos educadores, alí fun moi feliz aqueles anos ".Ernesto González López

 

Falamos agora da escola de Conforto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Na imaxe, tomada nos anos 40 do pasado século, aparecen os alumnos do colexio de Conforto, situado na Pontenova. Os escolares aprendían os seus prime niveis letras co mestre José María RojasTorviso. Como en todas as escolas unitarias da época, había alumnos de distintas idades

 

“Mi escuela estaba en Conforto y mi maestro era Jose María y su mujer también maestra, Dña. Felisa Hormaechea, siempre lo recuerdo mirando con una larga vista mirando cuando pasaba un avión...le gustaba mucho pescar pero no pescaba  una y mi padre que era muy buen pescador siempre le regalaba truchas así me trataba bien a mi. De la escuela recuerdo que lo que más me gustaba era el queso y pan que nos daba en el recreo todavía hoy recuerdo el color y sabor que tenía”. Jaime Morado Díaz “ Manín “

 

 

© 2023 by  Memorial. Proudly created with Wix.com

bottom of page